Sabemos como se chaman as plantas que nos arrodean, as herbas que pisamos, os froitos que agroman,...? O alumnado de Atención Educativa de 2º de E.S.O., xunto coa súa profesora Tina, van resolvernos moitas, moitas dúbidas! Velaquí o seu traballo.
xoves, 26 de decembro de 2013
venres, 20 de decembro de 2013
luns, 16 de decembro de 2013
Gran árbore de Nadal de oveiras
E aquí o proceso de elaboración da árbore de oveiras coas súas flores douradas realizadas cos tubos de papel hixiénico.
Postal de Nadal
O alumnado de 1º de ESO fixo unhas postais de Nadal coa axuda do seu profesor de Relixión, Antón Niñe, recuperando símbolos da nosa paisaxe como o Torques, o Faro de Burela, o mar, os barcos, .....
Árbores individuais - Nadal 2013
Mirade, mirade!! O resultado paga a pena!
E felicítannos o Nadal con postais coa paisaxe de Burela feitas con Antón.
xoves, 12 de decembro de 2013
A nosa particular árbore de Nadal 2013
Este curso, como actividade do proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase, a nosa coordinadora, Mª Xosé Andión, ideou facer unha árbore de nadal con OVEIRAS !!! Con oveiras si !!! Unha loucura me diredes!! Pois si, unha gran aventura.
Aí nos puxemos a recolectar caixas de ovos de todos os tamaños por todas as casas. Logo sacámoslles as etiquetas unha a unha e pintámolas con moito esmero. Mais quedaba a parte máis dificil: a ensamblaxe. Fixemos unhas probas de montaxe, Mª Xosé e mais eu, que non nos convencían demasiado. Pero contamos con moita axuda. Xa veredes cantos participamos nesta obra que naceu sendo unha actividade de clase e acabou sendo unha actividade de unión entre todos, alumnos e profesores.

- José Luís calculando a altura e circunferencia;
- José, o noso arquitecto, propuxo desestruturar a árbore en 4 tramos,
- Karina preocupouse do paralelismo das caixas,
- Montse e familia pegaron e recortaron oveiras por decenas,
- as monitoras de Gaia pintáronas cos seus nenos da gardería,
- Tania e Elena retocaron a pintura,
- Fran axudounos a encontrar o punto de gravidade da árbore,
- Cristina foi mercar un sedal máis resistente que puidera co peso da nosa árbore,
- Javier, o noso xardineiro, tensou o sedal baixo o mando de José,
- E todo o alumnado de 1º e 2º de ESO e 1º BAC (de Grego) pintaron e pintaron oveiras e prepararon as bases circulares de cada tramo da árbore.
E, finalmente, Mª Xosé puido ver convertida en realidade a súa proposta de Nadal reciclado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)