mércores, 4 de xuño de 2014

Limpamos a nosa praia

Poñemos o noso gran de area para axudar a limpar un dos nosos recuchos preferidos do noso pobo: a praia.

Marcos de refugallo para os Superheroes do Perdouro

O alumnado de 1º de ESO ideou uns orixinais marcos feitos con papel de refugallo para recrear os seus Superheroes favoritos no marco dos Encontros de BD organizados polo Equipo de Biblioteca.

O Xogo do Torques de Burela

Un percorrido pola paisaxe de Burela. Cada casilla do Xogo ten un motivo da paisaxe burelesa, recreado por cada alumna e alumno de 2º de ESO.

Arte de refugallo coa nosa paisaxe

Alumnado de 1º de ESO recreou cadros de pintores galegos coa paisaxe de Burela. Para iso reutilizaron materiais que se ían tirar ao lixo.

mércores, 5 de marzo de 2014

Mural das 3 R: REDUCE, REUTILIZA E RECICLA

Os alumnos de 1º de ESO de Atención Educativa traballaron con Elena a lei das tres erres. REDUCE, REUTILIZA E RECICLA. Fixeron un mural trilingüe.  

martes, 11 de febreiro de 2014

Proxecto "Construindo casas"....

Os alumnos de Atención Educativa de 2º de ESO están facendo fachadas de casas coa axuda e asesoría da súa profesora Tina.

luns, 20 de xaneiro de 2014

Reducir, Reutilizar e Reciclar - manual de Sogama

Sogama acaba de publicar un manual de boas prácticas para o aforro de enerxía e auga e para a reducción da produción de lixo: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR para lograr un modelo de consumo sostible.