xoves, 19 de xuño de 2014
mércores, 4 de xuño de 2014
Limpamos a nosa praia
Poñemos o noso gran de area para axudar a limpar un dos nosos recuchos preferidos do noso pobo: a praia.
Marcos de refugallo para os Superheroes do Perdouro
O alumnado de 1º de ESO ideou uns orixinais marcos feitos con papel de refugallo para recrear os seus Superheroes favoritos no marco dos Encontros de BD organizados polo Equipo de Biblioteca.
O Xogo do Torques de Burela
Un percorrido pola paisaxe de Burela. Cada casilla do Xogo ten un motivo da paisaxe burelesa, recreado por cada alumna e alumno de 2º de ESO.
Arte de refugallo coa nosa paisaxe
Alumnado de 1º de ESO recreou cadros de pintores galegos coa paisaxe de Burela. Para iso reutilizaron materiais que se ían tirar ao lixo.
mércores, 5 de marzo de 2014
Mural das 3 R: REDUCE, REUTILIZA E RECICLA
Os alumnos de 1º de ESO de Atención Educativa traballaron con Elena a lei das tres erres. REDUCE, REUTILIZA E RECICLA. Fixeron un mural trilingüe.
martes, 11 de febreiro de 2014
Proxecto "Construindo casas"....
Os alumnos de Atención Educativa de 2º de ESO están facendo fachadas de casas coa axuda e asesoría da súa profesora Tina.
luns, 20 de xaneiro de 2014
Reducir, Reutilizar e Reciclar - manual de Sogama
Sogama acaba de publicar un manual de boas prácticas para o aforro de enerxía e auga e para a reducción da produción de lixo: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR para lograr un modelo de consumo sostible.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)