venres, 29 de novembro de 2013

Obradoiro de papel reciclado con GAIA - 2º ESO

Continuando coas actividades programadas sobre reciclaxe ao longo desta semana, tocou fabricar papel reciclado. A partir de anacos de papel de periódico que o alumnado de 2º ESO cortou, Mª José e Begoña ensináronlles como facer unha pasta mixturando auga quente co papel e triturándoo cunha batidora. Unha vez desligado o papel,  botaron os tintes de cor elixidos.  Logo, houbo que estendelo sobre uns panos para que absorbesen a humidade do papel e nese momento cadaquen decorou con pétalos de flores, arroz, follas, ceras, purpurina, etc... Podedes seguir todo o proceso de fabricación dende o recorte do papel ata o resultado final na seguinte presentación. 

mércores, 27 de novembro de 2013

Charla sobre fabricación e reciclado do papel - GAIA

O pasado 27 de novembro, Begoña, monitora de GAIA, impartiu unha charla ao alumnado de 2º de ESO sobre a importancia da reciclaxe do papel, o seu beneficio económico e o seu reducido impacto medioambiental. A continuación, podedes ver a presentación que nos fixo Begoña.

martes, 26 de novembro de 2013

Obradoiro de xabón con GAIA - 2º ESO

Esta semana, Mª José e Begoña ensinan ao alumnado de 2º de ESO a facer dous tipos de xabón. Por unha banda, o que se coñece como xabón "lagarto", empregando aceite usado. E por outra, xabón de aseo con glicerina.  Todo isto co propósito de motivar os rapaces na importancia da reutilización dos recursos. 

Obradoiro de xabón "lagarto"




Obradoiro de xabón cosmético con glicerina

luns, 25 de novembro de 2013

Visita oficial

Manuel Salgado, coordinador do Programa Sustentabilidade e Paisaxe, incluído no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, visitou hoxe o noso centro co propósito de coñecer de primeira man o noso proxecto interdisciplinar, "Burela XogaRecíclase", no que está implicado o alumnado de 1º e 2º de ESO. Veu vernos ás aulas e intercambiou opinións con nós e tratou de convencernos para mobilizarnos en defensa do noso proxecto.
RETOU o alumnado a facer unha pequena acción de sensibilización social, que chegue ao Concello e á sociedade burelesa en xeral. Deulles de prazo tres-catro meses, ata marzo. CONSEGUÍREMOLO?


Charla sobre reciclado do aceite - GAIA

Hoxe, as monitoras de Gaia impartiron unha charla ao alumnado de 2º de ESO sobre a importancia de separar o aceite  de cociña nos colectores previstos para tal efecto e explicáronnos como reutilizar o aceite para facer xabón como aquel que facían as nosas avoas para branquear a roupa. 

luns, 4 de novembro de 2013

Samaín - facendo ambiente

O alumnado de 1º de ESO estivo encargado de ambientar o centro co propósito de celebrar Samaín, o aninovo celta. A súa tarefa consistía en reciclar e reutilizar os resíduos para idear un conxunto de decoracións. Botes de iogures, de leite, latas, tubos de papel convertéronse en morcegos, arañas, caveiras, esqueleto, cabazas, pantasmas e lámpadas.

Mirade que creativos foron!!!!